Os faros de Corme e Laxe cumpren 100 anos en funcionamento


22 de outubro de 1920. É a data rexistrada na hemeroteca da Biblioteca Nacional de España na que se poñían en funcionamento “las nuevas luces que en la ría de Corme y Lage señalan la punta de Lage y la punta del Roncudo”.

Agora en 2020, conmemórase o centenario dos dous faros que sinalan a entrada na Ría de Corme e Laxe. Cen anos de ventos, temporais, o continuo son das ondas do mar, fotografías panorámicas de toda a ría, pero tamén desgrazas.

Dous naufraxios populares

Son varias as desgrazas de carácter marítimo vividas nesta zona, dúas delas ben soadas, como a que da nome ao Petón do Millo, no Roncudo. Un nome con orixe no naufraxio nestas pedras dun barco cargado de millo, e que serviu para alimentar á poboación local durante varios meses.

Pola súa banda, o faro de Laxe foi testemuña alá polo ano 1972 do naufraxio do Playa Arnela. Só sobreviviron dous membros dos doce que conformaban a súa tripulación.