Os feirantes maniféstanse en demanda de solucións para o sector


O gremio dos feirantes continúan sen ver a luz ao final do camiño. Coas suspensión das festas, a súa actividade está paralizada. E tamén os seus ingresos, polo que volveron manifestarse en Santiago para esixir unha solución. É un dos colectivos máis afectados pola pandemia do coronavirus. As medidas de distancia social e a conseguinte prohibición das aglomeracións obrigou a cancelar as moitas festas e verbenas que se celebran en Galicia coa chegada da nova tempada. Tres meses xa están perdidos. E nas festas que se poidan celebrar no verán, non saben cantos van poder traballar. Aseguran que algúns compañeiros, ante a crítica situación económica que viven, xa decidiron buscar traballo noutros sectores.