32
Os feirantes que poñen as atraccións e os postos nas festas seguen sen saber cando poderán retomar a actividade. Os da provincia da Coruña concentráronse este sábado e a continuación percorreron varias rúas da cidade. O seu traballo é estacional e tiñan todo os gastos feitos para arrancar a temporada cando os parou a pandemia. O venres tiveron un contacto coa Xunta en busca de solucións.