Ambas foron dúas citas que están chamadas a perdurar no tempo debido ao gran éxito de convocatoria e asistencia de público de todas as idades. A actuación da polifacética artista Leticia Sabater encheu de xente o barrio carballés de San Critovo na noite do pasado mércores. A xornada organizada pola Asociación de Vecinos de San Cristovo, estivo tamén marcada pola música dos DJs Diego Mariño, Cotelo, Rafa Astray e Nyan Boe, pero sen dúbida viviu un momento único coa aparición de Leticia Sabater. Centos de persoas, chegadas incluso de diferentes puntos de Galicia, abarrotaba unha praza entregada en corpo e alma a súa ídolo, !la Leti!.
Completísima foi tamén a sesión de música de todos os estilos que acollía o Porto de Malpica este Xoves Santo no ‘Sisargas Fest’. Unha cita lúdica que nacía da man dunha nova asociación cultural local chamada Mar de Fondo, e que tiña como principal aliciente a presentación da disco móbil ‘Son de Festa’, un proxecto de tres mozos da zona con ampla experiencia no mundo do espectáculo. Cun pouco de retraso, sobres as tres da tarde, daba comezo a sesión vermú cos artistas Alejandra Pais e Noly, ambos compoñentes da dianteira da orquestra Los Satélites. Acto seguido actuaba a orquestra M3 e unha morea de Djs durante toda a tarde. Xa pola noite, empezaron a ‘mallar’ alternativamente, pero de xeito contundente os dous escenarios da disco móbil con centenares de persoas no campo da festa ata altas horas da madrugada. Outra cita para repetir!.