34
Na Audiencia coruñesa celebrouse este martes a segunda sesión do xuízo contra o home acusado de matar a tiros a súa muller en Cabana de Bergantiños. Os fillos da parella recoñeceron que o día dos feitos non viron o seu pai bébedo, tal e como el confesara este luns na sala, nun intento por xustificar o crime como un arrouto. O que tamén manifestaron é que o home non aceptaba a separación. 28 anos de cadea é a pena piden as acusacións para el.