Os fogos do Apóstolo abandonan o Obradoiro tras 450 anos

1 minutes read

Trátase dunha decisión tomada desde o Concello e que non ten volta atrás, todo en beneficio da preservación do patrimonio e a seguridade.

O goberno local de Santiago anuncia melloras urxentes na zona histórica compostelá. O documento que se deu a coñecer este luns aos medios foi tamén enviado aos distintos grupos políticos. Trátase de actuacións na zona monumental, e é que, as autoridades pretenden que os cambios e melloras sexan efectivos xa en 2021.

Son actuacións pensadas para mellorar a accesibilidade, mobilidade, iluminación, regulación de usos dos espazos ou a mellora dos servizos públicos. A maior parte destes traballos deben arrincar de modo inminente. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo declarou que: «O que se estivo facendo nos últimos anos de tiralos desde o tellado do Pazo de Raxoi era imposible continuar con iso. Os danos producidos, os danos que agora hai que arranxar custan 700.000 euros. Pero máis aló diso é o risco enorme para un edificio histórico como este, cunha estrutura e unha cuberta de madeira de que se puido producir un incendio que destruiría o edificio».

O Concello asegura que é unha decisión dolorosa que acaba cunha tradición de 450 anos, pero que non quedou máis remedio que adoptala.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?