Os Fogos do Apóstolo iluminaron o ceo de Santiago

0 minutes read

A empresa catalá Pirotecnia Igual traballou cun orzamento de máis de dous centos mil euros para facer que a noite se volvese día nas cinco localizacións desde as que se lanzaron os fogos. Eses lugares foron o parque Eugenio Granell, o Carlomagno das Fontiñas, Santa Susana na Alameda, As Cancelas e a Cidade da Cultura. Como outros anos, unha grande afluencia de xente, tanto galegos coma turistas que aproveitan as festas de Santiago para visitar a cidade, gozaron co espectáculo desde moitos puntos da cidade e os seus arredores.