38
Os Fogos do Apóstolo puidéronse ver de novo este sábado desde calquera punto de Santiago porque se lanzaron desde cinco localizacións diferentes. Son puntos altos da cidade nos que xa estaban preparados os 500 quilos de material pirotécnico unhas horas antes. Foron dous mil disparos desde cada emprazamento para un espectáculo que prometía moito ritmo e que non defraudou.