Os fondos de recuperación da UE poderían tardar meses en chegar

Á situación sanitaria en Europa que se complica día a día súmaselle a crise económica provocada pola pandemia. E o problema é que en Bruxelas xa dan por feito un atraso nos fondos de recuperación, que non estarán dispoñibles o un de xaneiro.

A falta de acordo sobre as cifras definitivas entre o Parlamento Europeo e o Consello fai xa imposible cumprir con este prazo e o retraso arrastra á ratificación nos parlamentos nacionais de todo este plan europeo de recuperación fronte á pandemia.

Ademais a Comisión Europea recoñece que ata o verán non empezará a emitir a débeda para financiar todo este paquete de recuperación e despois haberá que comezar a repartir estas axudas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha