Os fortes refachos de vento causan dúas incidencias na localidade de Muxía

1 minutes read
  • En ningunha delas houbo que lamentar danos persoais

Os fortes refachos de vento que asolaron o litoral galego causaron dúas incidencias no municipio de Múxía que requeriron do servizo da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Pola mañá foi necesaria a intervención dos traballadores municipais para retirar un cable da luz que se desprendera dos seus enganches na rúa Ramón Caamaño. O tramo desa vía mantívose cortado ata a chegada da empresa de mantemento Naturgy.

Por outra banda, na tarde de onte os axentes da Policía Local requerían os servizos de Protección Civil debido á caída dun poste telefónico no lugar de Morpeguite, que ademais interrumpía a circulación do tráfico.