Os franceses na rúa contra a reforma das pensións


Centenares de miles de franceses botáronse ás rúas para mostrar o seu rexeitamento á reforma das pensións, impulsada polo presidente Emmanuel Macron. Máis de medio millón de persoas manifestáronse nunhas setenta cidades, segundo fontes policiais. A iso hai que sumar as 250.000 que o fixeron en París, segundo a CXT. En total, había previstas 245 marchas. Na capital, onde foran despregados 6.000 policías e xendarmes, estalaron incidentes illados, protagonizados por medio milleiro de radicais, os chamados ‘Black bloc’. As forzas da orde levaron a cabo máis de 100 detencións. Tamén houbo incidentes noutras cidades como Nantes, Rennes ou Lyon. Esta é unha xornada de folga xeral en Francia, dun movemento de protesta que non se sabe canto pode durar. De feito, este venres continuan as perturbacións nos transportes e algunhas escolas seguen sen clases.