Os galegos de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso da internet

1 minutes read

A totalidade dos galegos e galegas de 16 a 34 anos empregan Internet superando a media estatal no uso habitual da rede e nas compras en liña. O incremento máis significativo no último ano rexistrouse no colectivo de persoas con máis dificultades de acceso á tecnoloxía. Os usuarios e usuarias da internet de entre 65 aos 74 anos conseguiron o 70,5 % en Galicia, tras subir nos últimos 12 meses un 8,5 %, o dobre que a media estatal ( 4,2 %).

O 98,3 % dos nenos e nenas galegos de 10 a 15 anos empregan o computador e sitúase á cabeza no uso desta equipamento TIC na clasificación por Comunidades Autónomas, 5,2 puntos por encima da media estatal. O 95,6 % destes nenos e nenas usaron internet nos últimos 3 meses, tamén por encima da media estatal. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2022, que constata os bos resultados dos indicadores de uso das TIC entre os máis novos.

Son datos da Enquisa e uso TIC nos fogares 2022 do INE, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).