Os GALP contarán cunha axuda autonómica de 18,4M€

1 minutes read

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro Pesca, Susana Rodríguez, explicou na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento o desenvolvemento da primeira convocatoria das axudas dirixidas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) por parte da Xunta ao abeiro do fondo europeo Fempa.  A representante da Consellería do Mar detallou que nesta anualidade asignáronse 8 millóns para financiar os proxectos no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) de cada grupo aos que se destinarán 18,4 millóns de euros ata o 2025.

A directora xeral destacou que Galicia lidera o desenvolvemento destas axudas a nivel nacional sendo a primeira en seleccionar os diferentes GALP e aprobando o 13 de decembro do pasado ano as súas estratexias o que permitiu asinar en xaneiro deste ano os correspondentes convenios de colaboración. Unha vez co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación aprobou os criterios de selección para a concesión de axudas Fempa a Consellería do Mar puido proceder á convocatoria das bases reguladoras para a concesión destas axudas cuxo prazo de presentación rematou o pasado mes de outubro recibindo 139 peticións.

Por outra banda sinalou cos oito GALP encargados de implementar as estratexias engloban 409 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos, das cales 97 entidades pertencen ao sector pesqueiro, que representan a máis de 13.000 persoas traballadoras do mar, poñendo en valor o papel dos grupos de acción local na dinamización das zonas costeiras.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?