Ducias de tractores seguen aparcados ocupando un carril na Ronda da Muralla de Lugo, despois da protesta celebrada polos produtores de carne.
Segundo a Asociación Gandeiros Galegos de Suprema, a idea é que os tractores permanezan na zona polo menos ata o luns. Ese día teñen unha reunión prevista co conselleiro do Medio Rural e ademais están pendentes de que o Goberno central responda por escrito as súas peticións.
O xoves os produtores de carne colapsaron o centro de Lugo nunha tractorada coa que quixeron reclamar prezos xustos e denunciar os recortes na nova Política Agraria Común. Denuncian que cobran prezos de hai 30 anos, co quilo de carne Suprema arredor de 5,70 o quilo, un euro menos do que custa producila.
«Estamos perdendo cartos, que máis nos ten estar aquí parados que estar na casa», asegura Jonathan López. Este mozo, gandeiro do Corgo, consideran que lles terán que dar unha solución porque se deixan de matar animais a cidadanía non vai ter que comer.