Os GDR contarán con 13 M€ para proxectos dinamizadores do agro galego


O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou este venres que está aberto o prazo -ata o vindeiro 3 de xuño- para que os interesados en poder beneficiarse das axudas Leader presenten os seus proxectos ao correspondente GDR. Esta nova convocatoria, subliñou o titular de Medio Rural, conta cun orzamento de 13 millóns de euros para os anos 2021 e 2022, un presuposto que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, onde está enmarcada a medida Leader, aprobáronse nese período un total de 1.151 proxectos (629 produtivos e 522 non produtivos) cos que se conseguiron consolidar 2.636 empregos e crear outros 778 novos postos de traballo, cunha axuda pública de 62 millóns de euros.