Os GES de Brión, Curtis, Ortigueira e A Estrada reforzan as súas dotacións de rescate

1 minutes read

Trátase de catro equipos de excarceración que supoñen un orzamento global superior aos 227.500 euros destinados aos GES con sede en Brión, Curtis, Ortigueira e A Estrada.

Dótanse así das ferramentas axeitadas para corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións en tarefas de rescate e actuacións en emerxencias, como accidentes de tráfico con persoas atrapadas e rescates en espazos confinados, estruturas colapsadas ou con excarceración de persoas, entre outras. Deste xeito, os equipos compóñense dunha bomba a motor, mangueiras, cizalla, separador, cilindro de corte, puntais de estabilización, punzón rachacristais, serra e diversos accesorios como baterías, soportes, escudo protector entre outros elementos.

O material súmase ao reforzo dotacional impulsado pola Xunta para apoiar o labor dos GES e que suma un investimento global superior aos 2 M€. Neste marco de acción, recentemente entregáronse seis furgóns de servizos varios, cinco camións autobomba e outros catro equipos de excarceración.