As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra acordaron esixirlle ao presidente da Xunta de Galicia un maior apoio aos sectores máis afectados polos efectos da pandemia da Covid-19, coma a hostalaría e o comercio local, tras case un ano no que as administracións locais levan facendo un esforzo importante neste eido, a pesar de carecer de recursos e competencias.
Nunha videoconferencia na que participaron os presidentes e a presidenta das tres institucións provinciais, Valentín González Formoso, José Tomé e Carmela Silva, subliñaron que todas as deputacións e a maioría de concellos puxeron xa en marcha liñas de axudas para apoiar aos sectores produtivos mais afectados pola pandemia.
A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, o mundo municipal desmotrou unha vez máis ser o máis cercano á cidadanía, dando unha resposta moito antes que a Xunta de Galicia, que chega un ano tarde.
Cómpre lembrar que estas axudas municipais e provinciais a sectores coma a hostalaría ou o pequeno comercio fixéronse con recursos propios, sen o apoio económico da Xunta, a pesar de tratarse dunha competencia autonómica e de que a Xunta de Galicia recibiu máis de 200 millóns de euros do Goberno de España para pór en marcha programas destas características.
As deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra esixen ademáis que a Xunta incremente o seu apoio aos sectores máis castigados, implantando bonificacións fiscais nos impostos de carácter autónomico que carga a estes sectores, coma o canon de tratamento de lixo de Sogama, o canon de augas ou o tramo autonómico de IRPF.