Os hospitais dispoñen de test para diferenciar a gripe do coronavirus

O Servizo Galego de Saúde dispón de probas que permiten saber cunha soa mostra se unha persoa está infectada por coronavirus ou por gripe. Os resultados obtéñense en poucos minutos a través dunha mostra do nariz. Moitos dos síntomas da gripe coinciden cos do coronavirus. Diferencialos é de vital importancia para o control da pandemia. Este sistema xa se emprega nos servizos de microbioloxía dos hospitais galegos e a idea é estendelo tamén aos PAC. Os tests axudarán a reducir a presión nos hospitais cando o pico máximo da gripe e a pandemia do coronavirus coincidan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha