Os hospitais galegos en alerta ante posibles casos do coronavirus


Cada hospital adapta o protocolo á súa realidade. No Álvaro Cunqueiro, en Vigo, xa teñen previsto o percorrido que terá que facer un paciente sospeitoso de sufrir coronavirus. Desde a entrada en urxencias o centro xa dispón de zonas de aillamento, habitacións con presión negativa e traxes e material de protección individual.

En caso de sospeita os profesionais realizarán as probas precisas e terán que envialas ao centro de Microbioloxía a Madrid. Os síntomas son os da gripe común.

A letalidade do andazo roza case o tres por cento dos casos, de cada 30 doentes falecería un. Polo momento non hai medicación específica e trátase con antivirais que se empregan para outras doenzas.