Os hoteis galegos rexistran o mellor mes de setembro da súa historia

xunta.gal

  • Galicia foi a Comunidade na que máis medrou a demanda hoteleira e a cifra de viaxeiros

Os hoteis galegos rexistraron o mellor mes de setembro da súa historia ao superar a barreira do millón de noites, un 7% máis que en 2018. Así o reflicten os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados este mércores, que recollen, ademais, un incremento do 7,4% no número de viaxeiros con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Estas cifras sitúan a Galicia como a Comunidade cun mellor comportamento nestes dous indicadores, mentres que a nivel estatal a demanda hoteleira descendeu de media un 0,6% e a cifra de viaxeiros mantívose estable, cun crecemento do 0,2%.

Crecemento en todas provincias e mellora da calidade
A nivel territorial, todas as provincias rexistraron un comportamento positivo da súa demanda hoteleira, en particular as localizadas no norte. Así, o incremento foi dun 8,9% na Coruña, dun 8,3% en Lugo, dun 5,7% en Ourense e dun 5% en Pontevedra.

Os datos do INE amosan tamén unha mellora noutros indicadores de calidade. Deste xeito, a rendibilidade hoteleira creceu un 11,2% e as tarifas hoteleiras melloraron na nosa Comunidade por sexto ano consecutivo, ao rexistrar unha suba dun 3,8%, a cifra máis elevada da década.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha