Os ‘imparables’ de Iago Toba reúnen a máis de 700 persoas na carpa da Baiuca

1 minutes read

A candidatura socialista de Muxía deuse un baño de masas este sábado no acto de apertura de campaña, reunindo e recibindo o apoio de máis de 700 persoas que se achegaron ata a carpa da Baiuca.

A comida de confraternización serviu como punto de inicio da campaña e para dar fe do gran respaldo que ten a candidatura socialista para revalidar o bastón de mando o vindeiro 28-M.

O candidato PSdeG de Muxía, Iago Toba, tras recibir o masivo arroupo da veciñanza quixo amosar “o meu agradecemento infinito por permitirme vivir este día que xamais olvidarei. A nosa forza reside en vós e estade seguros que depositaremos todo o noso esforzo e a nosa ilusión por seguir gobernando como o fixemos ata agora, sen presións externas, chantaxes e intereses persoais”.

Toba sinalou que “hoxe o pobo acaba de falar e todos e todas vos que estades aquí sodes protagonistas dun fito histórico, dar o apoio a un goberno que vai cambiar a vida de todos os muxiáns e muxianas, que vai seguir facendo de Muxía un lugar mellor onde vivir. A nosa candidatura está formada por un grupo de persoas que mestura á perfección xuventude, experiencia, humildade e capacidade para acadar unha única meta: unha Muxía con presente e futuro”.