Os incendios forestais non dan tregua en Asturias

Asturias eleva o nivel de emerxencia por mor dos incendios, tras declararse un novo lume que ameaza as casas en tres localidades. Ese lume afecta ao concello de Las Regueras, preto de Oviedo, e medraba a preocupación ao achegarse perigosamente a varios núcleos de vivendas. Este sábado permanecían activos sete incendios, nos que traballaban bombeiros e helicópteros de extinción, e once máis están en fase de revisión. O Goberno autonómico elevaba a nivel dous a fase de emerxencia. Nos últimos quince días arderon xa unhas 20.000 hectáreas no Principado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha