As capturas rexistradas no conxunto de Galicia nos primeiros 40 días de actividade trala veda multiplican por máis de sete as obtidas no mesmo período do ano pasado mentres que os ingresos multiplican por oito os de 2020. Este mellor balance na facturación débese a que o prezo medio, de 9,3 euros o quilo, é o segundo máis alto da serie histórica só superado polos 10,6 euros o quilo de 2018.
Ata a semana pasada as lonxas galegas recibiron máis de 230 toneladas deste cefalópodo, un 3% máis que a media histórica, e ingresaron máis de 2,1 millóns de euros pola súa venda, un 63% por enriba da media da serie, que se remonta á campaña 2004-2005. Estes datos veñen a confirmar os bos presaxios de finais da campaña pasada, cando a información obtida polos profesionais do sector e polos técnicos da Consellería do Mar apuntaban a unha mellora do estado da especie tanto polo volume de capturas como polo recrutamento de xuvenís. Trátase dunha mellora do recurso á que tamén contribuíu a fixación, de acordo co sector, dunha veda de dous meses para a captura da especie, a máis longa dos últimos exercicios.
26