Os intrusos adiántanse ao comezo do curso no colexio Fogar de Carballo

1 minutes read

É fácil, segundo algúns veciños, ver a diario persoas, sobre todo novas, dentro do recinto. Unhas veces practicando «deporte» outras de cháchara, e outras non se sabe moi ben porqué. Na tarde deste domingo eses intrusos foron un pouco máis aló e merodearon polas instalacións, lonxe das pistas deportivas. Foron vistos polos veciños, que alertaron á Garda Civil, os axentes acudiron de inmediato, pero cando chegaron xa non había rastro algún de persoas na zona. Perimetralmente o colexio está valado, aínda que con visibles deficiencias por varios puntos. A poucos días de que comece o curso, tanto pais como docentes, coinciden na necesidade de arranxar os danos no peche para que os curiosos ou amigos do alleo non teñan o acceso ao pedir de boca. A forza actuante investiga o ocorrido con persoal do colexio e os sistemas de alarma para tratar de clarificar se se puidese dar o caso de danos maiores ou falta dalgún tipo de material.