Os letrados de xustiza seguen en folga

0 minutes read

Rematou sen acordo a segunda reunión entre o Ministerio de Xustiza e os letrados en folga. Polo tanto continuará a folga indefinida que este venres cumpriu un mes. Neste tempo suspendéronse 210.000 vistas e bloqueáronse 560 millóns de euros. As dúas partes quedaron en volver á mesa de negociación o próximo luns pola tarde. O comité de folga asegura que as posturas aínda seguen lonxe, pero valora positivamente o encontro deste venres. Os letrados de xustiza reclaman melloras salariais que compensen a carga de traballo asumida na última década.