Os nove líderes cataláns independentistas encarcerados pola súa participación na declaración de independencia unilateral de Cataluña en 2017 saíron este mércores de prisión tras recibir o indulto aprobado polo Consello de Ministros de España o día anterior. O presidente Pedro Sánchez foi o encargado de anunciar a concesión da medida de graza, despois de que se debatese no Consello de Ministros que tivo lugar xusto antes da súa comparecencia. Na súa intervención Sánchez, indicou que o Executivo estimou que existen motivos de utilidade pública, «para restablecer a convivencia e concordia no seo da sociedade catalá e española», para conceder estes indultos e ademais incidiu en que son parciais, debido a que acaban coas penas de cárcere pero manteñen a inhabilitación dos nove líderes cataláns. Ademais engadiu que a graza está condicionada a que non se cometa un delito grave nun prazo de tempo delimitado.