42
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo que o Executivo bonificará aos maiores de 65 anos para que poidan ir ao cine os martes por dous euros. A medida aprobarase no Consello de Ministros do próximo martes. «Temos que facer da cultura unha política de Estado, e por eso hoxe quero anunciar un novo avance social», afirmou Sánchez nun mitin en Puertollano, Ciudad Real, na campaña das próximas eleccións municipais e autonómicas do próximo 28M. No acto nesta cidade, feudo tradicional do PSOE, estivo acompañado do presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García Page, e a ministra de Política Territorial e voceira do Gobierno, Isabel Rodríguez, entre outros.