Os maiores de Vimianzo actívanse coa cultura

1 minutes read

Este pasado mércores preto de 60 persoas maiores que anualmente participan nos talleres de envellecemento activo do concello de Vimianzo fixeron unha visita ao Museo Etnolúdico de Galicia (Ponteceso) e ao tradicional Forno do Forte e olerías Buño, acompañados durante toda a xornada pola Concelleira de Benestar Social, María José Pose e polo monitor dos talleres, Alejandro Trillo.

A visita, guiada polo propio fundador, Ricardo Pérez y Verdes, foi organizada polo Concello de Vimianzo e tivo unha duración de dúas horas e media. Durante toda a xornada matinal, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer e lembrar unha chea de xogos e mesmo practicar algún deles dando lugar a moitos momentos de risas, lembranzas e anécdotas.

Pola tarde visitaron o tradicional Forno do Forte onde, a través de grupos guiados, os maiores puideron coñecer todo o proceso de preparación do barro e o forno onde este se coce, ademais de gozar dunha da mostra ao vivo dun profesional creando pezas de alfarería.