Os maiores de Vimianzo continuarán cos obradoiros de estimulación cognitiva no seu domicilio

PIXABAY

  • O Concello repartirá o material polas parroquias para evitar contaxios entre as persoas de risco

O Concello de Vimianzo retoma vellas actividades para volver a facer fronte á esta vaga de contaxios. Ante a incidencia da Covid-19 e tras as restricións impostas pola Consellería de Sanidade mediante as cales non pode haber xuntanzas de máis de 5 persoas, o goberno local decidiu adecuar os obradoiros de estimulación cognitiva para os maiores.

Igual que durante o confinamento, repartirase o material destas actividades a domicilio, protexendo así á veciñanza máis maior ‘e con máis risco de contaxio’, apuntan desde a administración vimiancesa. Participan ao redor de 150 persoas, de idades comprendidas entre os 60 e máis de 90 anos, e o reparto efectarase en 13 das 14 parroquias do termo municipal.

‘A iniciativa do concello é fantástica porque, aínda que a situación limita moito os movementos, este tipo de actividades son moi necesarias para os nosos maiores’, comentan desde a Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Fisterra e SoneiraAFAFEs, desenvolve o seu traballo no municipio grazas a unha subvención.