Os manifestantes en Ferraz van a menos | Xa só quedan os máis radicais

De novo na rúa Ferraz un grupo de manifestantes estubo axitando os valos de seguridade a última hora da tarde deste sábado. Os antidisturbios prepararon os escudos e sobre a zona sobrevoaba un helicóptero. Comezaron a avanzar e cargar os axentes cara aos manifestantes, que tiraran os valos do cordón perimetral. Por megafonía a Pilicía avisa aos manifestantes que se afasten da liña policial e cesen a súa actitude violenta. Tras non desistir e o aumento da tensión polo lanzamento de petardos e obxectos como botellas de plástico e de vidro aos axentes. A Policía procedeu a cargar e comezou a disparar pelotas de goma. Antes, ante a actitude dos manifestantes máis radicais, a Policía retrocedeu os furgóns cinco metros cando os valos aínda estaban en pé para evitar que os obxectos as alcanzasen. A cifra de manifestantes xa baixou considerablemente este sábado en Ferraz e cífrase en 1.700 persoas, segundo datos da Delegación do Goberno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha