Os mellores espectáculos da escena na XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

As mellores compañías teatrais de público infantil e adulto actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do concello aplicando os protocolos de seguridade impostos pola aparición da Covid19. O teatro na rúa, na Praza do Campín, seguirá sendo gratuíto pero se desenvolverá nun recinto pechado ao aire libre para o que se necesitará reservar entrada para acceder.

O responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, xunto co alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar e o concelleiro de Cultura, Jonathan Miranda, participaron na presentación da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño, decana de Galicia, que terá lugar do 9 ao 21 de agosto.

No acto, Xurxo Couto destacou a calidade da programación da Mostra e a necesidade de «descentralizar a cultura, que se desenvolva non só en grandes cidades senón tamén en concellos pequenos que, como Cariño, propoñen unha oferta de calidade e se converten en referencia da programación teatral de verán».

O día inaugural, domingo 9 de agosto, Barafunda Animación representará ‘Aguillóns de Ortegal’, unha creación específica da compañía para Cariño que comezará a partir das 12:30 horas de modo itinerante polas rúas do concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha