Os integrantes de Xuntos Carballo reúnense tras meses de restricións

Xuntos Carballo

  • Na xuntanza adiantouse parte do programa para as vindeiras citas electorais e tamén se lle deu a benvida ás novas incorporacións

O pasado venres, 23 de xullo, os responsables das distintas áreas da agrupación municipalista Xuntos Carballo volveron reunirse tras meses de restricións. Segundo sinalaron desde a formación, a xuntanza foi «unha toma de contacto moi proveitosa onde se falou das diferentes problemáticas que existen no noso concello».

Cada responsable destacou as principais reclamacións dos veciños e tamén se adiantou o programa para as vindeiras citas electorais, baseado nas «inquedanzas, queixas e aportacións que nos chegan dende a cidadanía». Tamén houbo tempo para darlle a benvida ás novas incorporacións.