Os Mossos abren unha auditoría interna para frear as críticas do Goberno de Torra

0 minutes read

Os Mossos d’Esquadra abriron unha macroinvestigación para supervisar 15 actuacións dos axentes durante os disturbios das últimas semanas. É a maior auditoría interna que se fixo ata o de agora na Policía Autonómica catalá. Tratará de determinar se a súa actuación foi proporcionada e se cumpriron os protocolos que teñen fixados. Este martes regresaron a Galicia os policías nacionais que participaron no dispositivo especial deseñado polo Goberno para reforzar a seguridade en Cataluña trala sentenza do ‘procés’.