A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrrae desenvolveron un conxunto de actividades para os grupos escolares que desexen visitalos e gozar das súas experiencias sen saír da aula. As visitas virtuais, que se realizarán a través dunha aplicación de videoconferencia, permitirán ademais interactuar coa aula a través do vídeo ou do chat. As actividades están abertas a todos os centros educativos de España, aínda que se lle dará prioridade os colexios da cidade.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que nestes momentos de restricións os museos científicos, emblema da divulgación científica na cidade, poñan en marcha unha iniciativa pioneira que permitirá as e os escolares de toda España seguir gozando da ciencia. «Estas visitas virtuais non só permiten ampliar o nivel de actividade divulgativa dos museos científicos municipais, senón que demostran que están preparados para incorporar novos formatos que son aposta a longo prazo, máis alá das necesidades derivadas da actual situación», engadiu.Toda a información e os formularios de solicitude de visita están nesta dirección:https://www.coruna.gal/mc2/gl/visitas-escolares