Os Museos Científicos coruñeses participan nun proxecto europeo sobre recursos dixitais

Cedida.

A Domus, da rede de Museos Científicos municipais, participará en Europeana, un espazo dixital europeo en que conflúen milleiros de arquivos, bibliotecas e museos para compartir a herdanza cultural con fins educativos, de investigación e divulgación. Así os Mc2 do Concello da Coruña responden ao convite que lles fixo Europeana aos museos europeos para deseñaren espazos de aprendizaxe que combinen recursos dixitais coas súas propias exposicións.

Neste sentido, a Domus está a participar cun obradoiro en liña deseñado sobre a exposición «Bocados», en que se realizan actividades como o recoñecemento de grans e plantas de cereais, creación de froitas en origami e experimentos de cociña molecular. Este taller preséntase como un exemplo de boas prácticas na rede de museos NEMO (Network od European Museum Organizations).https://www.ne-mo.org/news/article/nemo/exclusive-webinar-for-nemo-working-group-lem-the-learning-museum.html

«A divulgación do coñecemento científico é un dos sinais de identidade da nosa rede de Museos Científicos, cuxo prestixio é coñecido e recoñecido en toda Europa, o que fai que se sitúe así como unha referencia non só local ou galega, senón internacional, máis necesaria que nunca nos tempos presentes, onde a ciencia está a reivindicar toda a súa importancia», sinalou ao respecto a alcaldesa Inés Rey.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha