Os nadadores-as da AD.Fogar despediron 2021 con 7 medallas e 13 récords do club

Os pasados 28, 29 e 30 de decembro de 2021 dezaoito nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de Natación de Inverno desputado nas instalacións do Club Fluvial de Lugo; onde calaban unha moi boa actuación. No referente á clasificación por equipos foron 4º masculinos, 9ª femininas e 7º conxunt@s.

As 7 medallas do campionato eran desta volta para, Manuel Verdes (3) bronce nos 50 e 100 braza e os 100 estilos, Carlos Abeleira (1) bronce nos 50 costas, Nana Suárez (1) bronce nos 200 libres e as 2 pratas das substitucións masculinas dos 4×50 e os 4×100 estilos. No que ás mellores marcas do club se refire, Yoel Suárez (4) batía os récords de 17 anos nos 50 e 100 libres, os 50 braza e os 100 estilos, Carla Jiménez (3) o absoluto dos 50 braza e os de 15 anos dos 50 e 100 braza, Nana Suárez (2) batía as mellores marcas dos 16 anos nos 50 e 200 libres e Simón Rey (2) os récords de 17 anos dos 100 e 200 bolboreta.

Ademáis a substitución masculina dos 4×50 estilos (Abeleira, Suárez, Verdes e Galán) e a feminina dos 4×100 estilos (Suárez, Jiménez, Romanelli e Pichel) melloraban tamén os anteriores rexistros absolutos do club.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha