O sábado 27 de abril a piscina Carballo Calero acollía en dobre sesión, a Final da liga Galega de Clubs de Natación na súa terceira división; proba na que o AD.Fogar se xogaba o título e o ascenso a segunda división en confrontación directa co Universitario de Santiago e o Náutico de Narón. O Ad.Fogar afrontaba a xornada co firme desexo de brindar o título á súa afección e non fallou, nunha gran sesión de mañán xa aventaxaba ao Universitario de Santiago por 38 puntos e ao Náutico de Narón por 58. Tras a continuación a sesión de tarde foi xa unha festa na que os locais se distanciaban outros 25 puntos do Universitario e 49 do Narón para gañar o título con 405 puntos fronte aos 342 do USC e os 298 do Náutico. Proba do nivel e a intensidade do conxunto do Fogar foron os 4 records do club que rebaixaban, Nana Suárez (14 anos) nos 200 e 400 estilos e os 400 libres e Alejandro Méndez (17 anos) nos 200 bolboreta; ademáis de gañar tamén 18 das 40 probas da xornada e empatar outras 5.