Os nenos de Ponteceso xa poden inscribirse no campamento deportivo da Deputación

1 minutes read
  • A estadía realizarase do 10 ao 15 de xullo no IES Rosalía Mera, na Coruña

Os nenos e nenas empadroados en Ponteceso e nados entre o 2008 e 2013 xa poden ser inscritos nos campamentos deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña. O Concello conta con catro prazas e os interesados poden solicitar a súa ata o vindeiro 20 de maio.

A estadía realizarase durante a terceira quenda, do 10 ao 15 de xullo, no IES Rosalía Mera, na Coruña. O campamento terá un custo de 85 euros por persoa e inclúe o transporte interno, a estancia, a manutención na residencia e os gastos das actividades programadas. Entre outras, os nenos realizarán deportes náuticos, visitas culturais, deportivas e etnográficas ou xogos onde se fomentará a convivencia e o respecto.

As inscricións deben formalizarse no Concello de Ponteceso. Terán preferencia as persoas que non participasen neste campamento en edicións anteriores. Se a demanda é superior á oferta realizarase un sorteo entre os interesados.