Os nenos do Campamento Concilia de Ponteceso aprenden sobre conciencia ambiental

Concello de Ponteceso

  • A actividade desenvolverase pola mañá na praia de Balarés

Os nenos do Campamento Concilia, organizado polo Concello de Ponteceso, participarán na mañá deste martes na actividade ‘Conciencia ambiental’. Desenvolverase na praia de Balarés, nas dunas e no piñeiral en horario de 10 a 13 horas. Está previsto que acudan 26 nenos de entre 7 e 11 anos que ademais recibirán luvas, unha gorra e un guía turística como agasallo.

Esta actividade estará coordinada pola bióloga Marta Nieto, persoal da Área de Turismo do Concello e polos monitores da Escola con Talento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha