Os nenos reciben con ilusión os Reis nas comarcas da provincia

1 minutes read

Este día víspera a noite de Reis, as súas maxestades paseáronse polas aldeas recollendo as cartas dos nenos e repartindo caramelos e agasallos. Todos os concellos, dun xeito ou doutro, celebraron esta festividade nunha xornada na que a choiva dou descanso.

Os Reis Magos visitaron este 5 de xaneiro todas as parroquias de Brión abordo dun autobús de época e acompañados pola música da charanga Os Celtas de Negreira e un food-track, onde se reparte de balde chocolate quente e rosca. O tempo acompaña, polo que as recepcións están a celebrarse no exterior dos locais sociais e adros das igrexas das distintas parroquias.

En Lousame, máis de trescentas persoas acudiron na mañá deste xoves á recepción dos Reis na Casa da Cultura. O sábado 7 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, o Concello de Lousame ten preparado un Festival de Reis no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Unha festa infantil con xogos, inchables, obradoiros… e un chocolate con churros para todas as persoas participantes. Un festival para o que xa están pechadas as inscricións e no que están anotadas un total de 600 persoas.

Noutros concellos, como en Mazaricos, as maxestades fixeron a súa xa tradicional tractorada de Reis polas rúas, rematando na entrega de agasallos no recinto feiral.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?