O grupo dos seis edís non adscritos do Concello de Ponteceso presentaron este sábado a través da sede electrónica municipal a súa proposta de obras para o próximo ano do POS da Deputación Provincial da Coruña. Ademais instan ao Alcalde, Lois García Carballido, a que realice unha comisión informativa para chegar aos acordos necesarios e levar a cabo as seguintes obras:
Limiñoa: Reparación da carretera de Limiñoa a Ourada.
Brantuas: Reparación da carretera dende a Igrexa a Brantuas de Abaixo.
Niñons: Limpeza das cunetas e arreglo da carretera que vai a Santa Mariña.
Anllons: Colocación do alcantarillado de Anllóns de Abaixo.
Pazos: Reparación a carretera que vai da Ameixenda as Canaveiras .
Bugalleira: Reparación da carretera que vai as casas de Rieiro.
Tella: Reparación do aparcadoiro dos edificios de protección oficial de Canasteves para impedir as inundacións nos seus garaxes.
Cores: Reparación da carretara de Cores – Os Barreiros a Limiñoa.
Nemeño: Reparación das alcantarillas en Nemeño.
Corme: Adecuamento da carretera que vai de Corme ao Campo do Cairo. Sacar as curvas á altura da Regadiña pasando Radio Roncudo.
Corme – Aldea: Limpeza e adecuación das cunetas das carreteras de Guxin a Gondomil e da Igrexa de san Adrián a Forxan.
Ponteceso: Construir unha pista multideporte.
Campara: Reparación do tramo de carretera que vai dende a carretera xeral da Campara a Brantuas e que une coa carretera que vai a Santa Cruz.