Os obradoiros de memoria xuntan a 40 persoas en Camariñas e Camelle

1 minutes read

Este mes de novembro deron comezo os obradoiros de memoria para persoas maiores organizados polo Concello de Camariñas e no que participan un total de 40 persoas, das cales 5 son usuarias das Casas do Maior do municipio.

Esta actividade, que comezou o pasado día 2 en Camariñas e o día 7 en Camelle, alongarase ata finais de abril e comprende unha sesión á semana en cada un dos centros.

Nas sesións as persoas participantes traballan exercicios que favorecen a linguaxe, a orientación, o cálculo, o recordo a curto prazo e a longo prazo, o manexo de moedas, o calculo do tempo, a atención e a concentración, a estimulación cognitiva, as funcións executivas e a praxis.

Estes obradoiros lévanse ofertando á poboación de Camariñas desde o ano 2017, coa interrupción no 2020 pola pandemia e a reactivación no ano 2022.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?