Fixérono este domingo a través do seu presidente, Antonio Pereira ‘O Rulo’, nun acto aberto celebrado no Teleclub de Buño. Ao comezo da exposición de motivos coincidiu coa versión ofrecida polo Concello na presentación do cartel, indicando que as conversacións se iniciaron no mes de marzo para acordar temas organizativos, afirmando que a resposta foi que o concelleiro da Mostra reservábase a potestade de engadir modificar ou suprimir o que considerase oportuno, momento no que segundo eles comezaron as discrepancias. Unha das máis importantes o concepto do que debe ser a promoción da artesanía. Antonio Pereira incidiu en que a Mostra non é unha verbena nin unha churrascada popular, senón que debe ser un acto de promoción da olería, froito do seu traballo. Anunciou que do 3 ao 6 de agosto as tendas e talleres de Buño estarán pechados e que o próximo ano 2024 si haberá ‘Mostra da Olería de Buño’ na súa edición 39, dado que a deste 2023 non a recoñecen como tal.