A XXXIX Mostra da Olería de Buño 2023 levarase a cabo do 3 ao 6 de agosto, pero a parte organizativa dos oleiros xa está a traballar en diferentes propostas, unha delas e novidosa, é que este ano promoven un concurso de ideas para o deseño do cartel da Mostra. Deste xeito, todas as persoas que o desexen ponden participar cun único deseño do cartel cuxa temática ten que estar vencellada á Olería de Buño. O prazo da presentación das propostas rematará o 15 de xuño. O xurado fallará o concurso o día 17 de xuño.