Os orzamentos da Coruña aumentan en 50 millóns de euros o investimento público na cidade

1 minutes read

O Concello da Coruña contará este ano cuns orzamentos que aumentan ata os 310 millóns de euros, 50 millóns de euros máis que no 2020. Incluíndo os entes e empresas municipais, os recursos ascenden a 335.189.558 euros. A Xunta de Goberno Local deu hoxe o visto bo ás cifras, que se debatirán o xoves desta semana en pleno para a súa entrada en vigor.

O Orzamento Municipal deste ano, destacou a alcaldesa, Inés Rey, é froito do acordo e do diálogo co grupo municipal da Marea Atlántica, e preséntase como unha potente ferramenta para axudar na dinamización económica da cidade, mais tamén para estender o escudo social ás persoas que máis o precisan e contribuír á mellora da calidade urbana e ambiental da cidade.