Así o adiantou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asinou un convenio en materia de transporte público co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde.
O acordo dálle continuidade á colaboración iniciada en 2014 no marco do Transporte Metropolitano, que permite aplicar descontos adicionais aos estudantes que van aos campus da Coruña e Ferrol procedentes dos concellos da área que estean adheridos ao Plan.
Vázquez Mourelle explicou que a Xunta puxo en marcha unha reorganización integral das liñas de autobús interurbano da comunidade que, entre outras cuestións, ten como obxectivo mellorar o acceso aos campus universitarios.
Avanzou que o vindeiro mes de decembro culminará esa reordenación, poñendo en servizo a maioría das liñas que afectan á Universidade da Coruña.
Puxo en valor a tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos poden viaxar de balde en transporte público. Concretou que todos os demais estudantes se poden beneficiar deste convenio hoxe asinado.