Os parques industriais públicos galegos terán condicións máis asequibles


A Xunta flexibiliza as condicións de asignación de parcelas nos parques industriais da súa propiedade. Os terreos xa adxudicados terán unha carencia de 12 meses para pagar o canon de dereito de superficie e haberá prórrogas para que as empresas poidan cumprir as obrigas que supoñen as bonificacións de compra de solo público autonómico. As empresas que se instalen despois do estado de alarma terán novos incentivos.