O Concello de Zas manterá pechados os seus parques infantís ata que se poidan garantir as medidas sanitarias e non poñer en perigo a seguridade dos nenos e nenas e das súas familias fronte ao Coronavirus Covid-19. O Alcalde de Zas – Manuel Muíño Espasandín – indicaba que as directrices marcadas pola Xunta “son inasumibles para as administracións locais”. Manter unha limpeza e unha hixienización constante, controlar o aforo e delimitalo a un usuario cada catro metros cadrados, facilitar xel hidroalcohólico,… son algunhas desas medidas, inasumibles polos concellos. Desta forma, o Concello de Zas súmase a outras vilas e cidades galegas que manteñen pechados os seus parques e instalacións deportivas ao carecer dos medios persoais e materiais para garantir a seguridade sanitaria de todos os nenos e nenas así como das súas familias.
24