Os participantes da Costa da Morte no Galicia Skills conseguen tres medallas

2 minutes read

Borja Martínez Vázquez, do Eduardo Pondal de Ponteceso, que acudiu co seu titor, Antón Álvarez Martínez, conseguiu a medalla de ouro na modalidade de Carrozaría. Tamén foi primeira, pero na área de Enfermería Nerea Cernadas García, do instituto Agra de Raíces de Cee, que acudiu ao acto celebrado en Silleda compañada da profesora Eva Trasmonte. Ambos os dous alumnos formarán parte da delegación que representará a Galicia nas próximas Spainskills, o campionato de España que reúne a estudantes de todas as comunidades autónomas. Tamén acadou a medalla de prata Gonzalo Cancela Mariño, alumno de segundo curso do ciclo de Administración de Sistemas en Rede, pertencente ao Isidro Parga Pondal de Carballo, e que estivo acompañado de Diego Terrón. O cuarto participante da Costa da Morte, o carballés, Daniel Villar Pombo, que representaba ao IES Maximino Romero de Lema, de Baio, estivo acompañado do seu titor Bertín Deza. A participación de Daniel por primeira vez nun evento similar estivo a un moi alto nivel en Desenvolvemento de Aplicacións Web, unha modalidade na que grazas a súa participación foi posible cubrir o cupo mínimo esixible de catro participantes e no que resultou gañador Ezequiel Soto Seoane, alumno do IES San Clemente de Santiago de Compostela, xa co ciclo terminado. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saudou aos presentes e salientou o magnífico sistema de FP existente na comunidade, froito da aposta da Administración, os centros educativos e o profesorado, as empresas e as familias.

Momento da entrega da Medalla de Ouro a Borja Martínez Vázquez, do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, que competía na área de Carrozaría.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?