Os participantes laracheses no programa «Conexión STEM» visitan o Instituto Cervantes de Tel Aviv

Baixo o título Conexión STEM: educación non formal, –do 23 ao 28 de setembro- estase a celebrar en Israel, nas cidades de Tel Aviv e Xerusalén, un programa europeo centrado na formación da mocidade en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Segundo a perspectiva da Unión Europea, nos próximos anos precisaranse máis de un millón de persoas vinculadas de xeito profesional a ditos sectores, o que supón a apertura dun importante abano de oportunidades no mercado laboral.

A iniciativa, apoiada polo Instituto de la Juventud (Injuve) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia no marco do programa Erasmus+ impulsado pola Unión Europea, pretende favorecer que a mocidade poida aproveitar as posibilidades que se lles abrirán nun futuro próximo.

Forman parte do proxecto Conexión STEM: educación non formal un total de oito institucións e agrupacións de diversos perfís procedentes de diferentes países europeos como España, Israel, Rusia, Xeorxia, Italia, Grecia e Portugal. O Concello da Laracha é o socio que capitanea o proxecto, representado polo alcalde José Manuel López Varela e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López quenes este martes visitaron o Instituto Cervantes de Tel Aviv.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha